A Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, recibíu hoxe en Santiago ao Presidente da Fegamp, Carlos Fernández, para facerlle entrega oficial das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e do Plan Director de Estradas de Galicia (PDEG), documentos sobre os que se abriu o prazo de dous meses para presentar alegacións hoxe e o luns, respectivamente. Para a Fegamp, tanto as Directrices como o Plan de Estradas son asuntos de país e moi importantes para a Administración local aos que non podemos ser alleos. Así, Fernández manifestou que estamos dispostos a colaborar e ser copartícipes na súa tramitación. Considera que con estes programas se está dando un paso máis no pacto polo territorio que vén reclamando a organización que preside.