Carlos Fernández recibe á delegación de Rumanía do Programa Twinning para compartir proxectos de xestión ambiental



 

Santiago, 10 de setembro de 08. O presidente da Fegamp, Carlos Fernández, recibiu na sede da Federación á delegación do Proxecto Twinning que a UE desenvolve na rexión romanesa de Bacau, e que lidera o presidente de Sogama, José Álvarez Díaz.

A delegación está conformada por representantes de alto nivel do Ministerio de Medio Ambiente romanés, da Axencia Nacional de Protección Ambiental de Romanía e representantes rexionais e locais de inspección ambiental. O obxectivo da visita a Galicia é obter información sobre a política ambiental, e coñecer as infraestruturas industirais e loxísticas existentes na nosa Comunidade.

O