CARLOS FERNÁNDEZ REMITIRÁ A QUINTANA A INQUIETUDE DOS CONCELLOS POLA ELABORACIÓN UNILATERAL DE VICEPRESIDENCIA DO ANTEPROXECTO DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS



Santiago, 17 de xaneiro de 08. O presidente da FEGAMP e alcalde de Ames, Carlos Fernández, ven de anunciar que remitirá, nos próximos días, un escrito ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, manifestándolle as “inquietudes que produce nos concellos a actuación unilateral da vicepresidencia” na elaboración do anteproxecto da Lei de Servizos Sociais e reivindicando o dereito da FEGAMP, como órgano que aglutina aos 315 concellos e ás catro deputacións de Galicia a manifestarse sobre o contido de calquera proxecto de lei, previamente á súa tramitación. E “non atoparnos con feitos consumados que interfiren na autonomía local” engadiu.

 

Fernández aclara que os concellos “non nos opoñemos á lei e moito menos a que os concellos invistan en servizos sociais, inclusión ou novos dereitos sociais”. O que de