A Federación Galega de Municipios e Pronvicias (Fegamp) enviou unha carta ás entidades locais para
dar conta de que as sociedades de autores están enviando comunicacións aos concellos de máis de 5.000 habitantes
e ás deputacións para informarlles de que mudou o sistema de cálculo dos dereitos de autor, pero ao tempo, que está pendente o pagamento da remuneración por eses dereitos correspondente aos anos 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013. Tras contactos
coa Femp e coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a Fegamp suxírelle que os concellos non aboen ningunha desas contías reclamadas polas sociedades de autores, ata que non se fixe unha postura ou prezo común (como demanda o Goberno galego), polas dúbidas que xera esa retroactividade nas asesorías xurídicas da Fegamp, da Femp e da Xunta de Galicia.



Xúntase texto íntegro da carta.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 101.4 KB |