A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) enviou unha carta informando ás antidades locais asociadas sobre o 'Sistema Pido' do que dispón a Tesouraría Xeral da Seguridade Social para facilitar ás administracións públicas o acceso a datos sobre terceiros (persoas físicas ou xurídicas), dese departamento, ou do Instituto Nacional da Seguridade Social, necesarios para realizar as súas funcións (outorgar subvencións, contratación administrativa…). Na misiva se explican os pasos que deben seguir concellos e deputacións para poder acceder a ese sistema.
Xuntamos o texto íntegro da carta, información xeral sobre o 'Sistema Pido' e instruccións sobre como obter a autorización, permisos de acceso e cumprimentar os formularios.
Os teléfonos e as persoas de contacto para consultar dúbidas sobre este programa nas catro provincias galegas son:
Concepción Nieto Roig - A Coruña - 881 909 032
Remedios Campos Veiga - Lugo - 982 293 322
Olga Campelo López - Lugo - 982 293 328
Mª del Carmen Vidal López - Ourense - 988 521 243
Juana Mª Garrido Melón- Vigo (Pontevedra) - 986 811 537
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 113.51 KB |
![]() | 3.6 MB |
![]() | 380.83 KB |