CICLO DE XORNADAS BIMTOUR-ÚNETE AO ECOSISTEMA BIM

Data: 

mércores, 28 Novembro, 2018 (Todo o día)
Imaxe bimtour gijón

O concello de Gijón, ITCIP e BIM Academy poñen en marcha unha experiencia excepcional coa creación dun ciclo de xornadas denominadas BIMtour-únete ao ecosistema BIM.

Gijón será a primeira sede da iniciativa BIMtour, a forma máis adecuada de coñecer que é o "Building Information Modeling" (BIM) unha metodoloxía de traballo colaborativa para a creación e xestión dun proxecto de construción que vai a ser obrigatoria para todos os involucrados no mundo da construción: administracións, profesionais, promotoras, construtoras, provedores, universidades, empresas, etc.
O seu obxectivo é centralizar toda a información do proxecto nun modelo de información dixital creado por todos os seus axentes.
Estas xornadas desenvolveranse en diferentes cidades para acercar a metodoloxía BIM (Building Information Modeling) aos profesionais, ás empresas e ás institucións asistentes para que coñezan as claves que lles axuden a crear un plan estruturado para a integración do BIM nos seus proxectos e procesos en calquera fase do ciclo dunha construción, e facerllos máis competitivos, rentables e productivos, gracias ao traballo con esta metodoloxía e as súas tecnoloxías.
As xornadas BIMtour buscan integrar a todos os colectivos implicados no desenvolvemento do ecosistema do BIM, concienciando da dimensión real da aposta e a necesidade dunha visión global e unha estratexia integrada.

BIMtour Gijón -– únete ao ecosistema BIM é a primeira parada neste ciclo de xornadas, en colaboración co Concello de Gijón e terá lugar os días 28 e 29 de novembro de 2018 na sede da Escola Politécnica de Enxeñeiros. Constará de 4 sesións independentes en función do publico obxectivo ao que van destinadas.

Infórmate das Xornadas de Gijón na web do circuito de xornadas BIMtour: https://bimtour.net/bimtour-itcip/

Xa poden consultar o programa de cada sesión para realizar a inscrición na que máis se axuste ao seu perfil ou da súa empresa/administración.

Sesións dirixidas a Administracións Públicas en Gijón:

- 28 de novembro pola mañá  https://bimtour.net/bimtour-itcip/gijon-administraciones-publicas/   

Dirixida a técnicos ou profesionais ou directivos con responsabilidades nas áreas do que conleva a nova administración electrónica, urbanismo, arquitectura e obra nova, a obra existente e patrimonio catalogado ou medioambiente, vista a obriga da nova Lei de Contratos do Sector Público desde a súa entrada en vigor o 8 de marzo de 2018.

Toda a información en  https://bimtour.net/bimtour-itcip/