CIRCULAR DA FEMP SOBRE A APROBACIÓN DA DOTACIÓN PARA O FONDO DE FINANCIAMENTO A ENTIDADES LOCAIS

Data: 

luns, 11 Maio, 2015 (Todo o día)

A Femp informa nunha circular da aprobación por parte da Comisión Delegada para Asuntos Económicos do Goberno central da dotación con 113,12 millóns de euros para este ano aos fondos 'de Impulso Económico' e 'de Ordenación', incluídos no 'Fondo de Financiamento a Entidades Locais'. Este fondo, previsto no Real Decreto-Lei 17/2014, sobre Medidas de Sostibilidade Financeira das Comunidades Autónomas e Entidades Locais e outras de carácter económico, tiña prevista en principio unha dotación de 1.000 millóns de euros, malia que, esta primeira fase, o Goberno estima que só serán precisos 113 millóns, por mor da boa situación económica e as perspectivas favorables das entidades locais.

Xúntase texto íntegro da circular.

Descargas: