Data:
mércores, 24 Febreiro, 2016 - 10:30
Hoxe clausuráronse en Ourense cun cheo total, as xornadas informativas da Lei do Solo, organizadas por Fegamp e Xunta de Galicia. Uns 600 responsables municipais e técnicos de Urbanismo asitiron aos relatorios provinciais para informarse das novidades do texto lexislativo e resolver dúbidas.
Na fotografía, de esquerda a dereita, Marisol Díaz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense; Alfredo García, presidente da Fegamp; Encarnación Rivas, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o subdirector de Urbanismo, Eduardo Sobrino.