Data:

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse co presidente do Consello Consultivo de Galicia e comisionado de Transparencia, Andrés Lago, na que foi a primeira reunión de ambos dende o nomeamento deste último en 2024.
No encontro tamén participaron a secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia, Patricia Roiloa, e a secretaria da Comisión de Transparencia, Ana María López. Pola banda da FEGAMP tamén participou a secretaria xeral, Patricia Vilán.
Durante a reunión, as persoas responsables de ambas intitucións valoraron cuestións vencelladas cos procedementos artellados polos concellos para atender as solicitudes de transparencia e de acceso á información pública.
Andres Lago, como comisionado da Transparencia informou do labor desenvolto dende o 1 de maio, data na que esa nova competencia foi adscrita ao Consello Consultivo. Neste tempo, aprobáronse máis de 120 resoluicións de peticións de información pública ante as administracións galegas, das que boa parte estaban dirixidas a concellos. E, sobre este tema, ambas institucións valoraron cooperar na formación específica de concellos e deputacións na resolución de reclamacións, e no asesoramento e orientación na aplicación e interpretacións dos dictames do Consello Estatal da Transparecnia e Bo Goberno.
Na reunión tamén abordouse a renovación do convenio de colaboración que ambas institucións mantiñan para reforzar o asesoramento xurídico e administrativo das entidaders locais galegas.

Sede Electrónica



