Colaboración para facilitar a xestión cultural das entidades locais galegas

Data: 

martes, 7 Outubro, 2025 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o presidente Axencia Nacional de Cultura Sustentable (ANCS), Carlos Castel, asinaron un convenio de colaboración para  facilitar o desenvolvemento de iniciativas de cultura sustentable nas entidades locais galegas. 

O presente acordo establece as canles de colaboración entre ambas entidades coa vontade de colaborar no desenvolvemento e implementación de políticas culturais sustentables, innovadoras e inclusivas nas entidades locais , aliñadas coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e dotar aos concellos e deputacións de ferramentas técnicas, tecnolóxicas e formativas para unha mellor xestión no eido cultural. 

SINATURA CONVENIO FEGAMP ANCS