Data:

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) promoveu a posta en marcha das súas comisións de traballo abertas á participación dos concellos e das deputacións. A primeira en constituirse foi a Comisión de Servizos Sociais e Promoción Social, baixo a coordinación de Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e membro da Comisión Executiva da FEGAMP.
A coordinadora presentou o obxecto da comisión e a súa dinámica, que inclúe a revisión de documentación, a discusión de temas clave e a planificación do traballo da comisión para o ano, contando coa posibilidade de celebrar reunións monográficas sobre temas específicos, facilitando a participación ás mesmas celebrándoas de xeito presencial, telemático ou mixto.

Sede Electrónica