A Comisión Executiva da Fegamp aproba as súas alegacións ao anteproxecto de reforma local

A Federación defende “un mínimo competencial propio” para todos os concellos con independencia da súa poboación. Reclama que o cálculo do “custo estándar” dos servizos se faga a través de normativa autonómica e en consenso con concellos e deputacións