A Comisión Executiva da FEGAMP prepara os traballos cara a acadar acordos positivos no financiamiento local e do SAF

Data: 

martes, 21 Outubro, 2025 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou a súa reunión mensual na que repasou o traballo desenvolto dende a anterior reunión, destacando a rolda de reunións cos grupos parlamentarios e cos conselleiros de Presidencia e de Facenda sobre os orzamentos para 2026 e o financimento local, a reunión co secretario de Estado de Política Territorial para abordar melloras no financiamento local e no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a participación no Congreso organizado polo Consello de Contas en conmemoración do 40º aniversario da Lei de Bases e Réxime Local e no Cumio de municipios costeiros organizado pola Xunta de Galicia, a celebración do Foro Local de Turismo, a participación na xornada do proxecto EC4RURAL e a formación sobre comunidades enerxéticas locais dentro dos proxectos CELRURAL e EC4RURAL, e as reunións coas Consellerías competentes sobre a renovación do convenio sobre faixas secundarias contra lumes e sobre o traspaso das unidades asistenciais ás drogodependencias (UAD), entre outras xestións desenvoltas.

Tamén valorouse o borrador de protocolo de seguridade do SAF recibido da Xunta de Galicia case sen tempo para a súa revisión, e a convocatoria urxente da mesa técnica para a discusión e, no seu caso, aprobación do protocolo, na que participan Xunta de Galicia, Delegación do Goberno, sindicatos, patronais, e Colexio Oficial de Traballo Social. Tamén va solicitarse á conselleira de Política Social axilizar a negociación da mellora do finaciamento do SAF ante o agravamento da situación nos concellos.

A Comisión Executiva aprobou a Declaración institucional proposta por UNICEF con motivo do Día Mundial da Infancia 2025 que se celebrará o vindeiro 20 de novembro, ademais da proposta de inicitivas a desenvolver polos concellos coincidendo co esta conmemoración.

 

COMISIÓN EXECUTIVA FEGAMP