Comisión Institucional do Pacto Local da Auga

Data: 

mércores, 15 Xuño, 2016 - 10:00

A sede da Fegamp acolleu a Comisión Institucional do Pacto Local da Auga, na que foi a primeira xuntanza celebrada durante o presente mandato. Entre outros membros, asistiron á Comisión o presidente da Federación, Alfredo García e o vicepresidente segundo, Evencio Ferrero, ademais do director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. No encontro deuse conta dos traballos desenvoltos nos últimos meses pola Comisión Técnica, con fincapé na problemática das traídas de auga e na necesidade de construír infraestruturas nos lugares que aínda presentan moderadas carencias. A Comisión Institucional deulle luz verde ao Estudo realizado polos técnicos, que Augas de Galicia difundirá en datas próximas.

A intención é que a Comisión Técnica volva reunirse antes do 15 de xullo para seguir avanzando no Pacto.