Comparecencia de Carlos Fernández, presidente da Fegamp, ante a Comisión Especial do Plan de Ordenación do Litoral do Parlamento de Galicia



INTERVENCIÓN SOBRE O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL (POL)

 

Sr. Presidente.Sra. Vicepresidenta.Sra. Secretaria.Sras. e Sr. Vogais.Bo día a todos e a todas

 

En primeiro lugar, desexo felicitar aos Grupos Parlamentarios pola iniciativa da creación desta Comisión non permanente especial de seguimento e avaliación do Plan de Ordenación do Litoral, creada co obxecto de pór en marcha un instrumento institucional na Cámara galega que sirva de foro de observación, debate e propostas sobre a elaboración do Plan de Ordenación do Lit