COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA COA AXENCIA TRIBUTARIA (AEAT)

A AEAT empezou no mes de outubro a enviar a distintos organismos públicos as notificacións que habitualmente remitía en papel de forma telemática.

Desde o 2 de outubro de 2016, produciuse a entrada en vigor da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que estableceu o uso de medios electrónicos de forma obligatoria para as persoas xurídicas e entidades sen personalidade e de forma voluntaria para as persoas físicas, nas súas relacións coa Administración.

Esta obriga supón, por un lado, que a presentación de toda clase de documentos e solicitudes deba realizarse obrigatoriamente a través do rexistro electrónico da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.gob.es). Por outro lado, supón a inclusión do colectivo obrigado no sistema de notificacións electrónicas obrigatorias, de forma que, a xeneralidade das comunicacións e notificacións que lles dirixa a Axencia Tributaria realizaranse de forma telemática e poderán visualizarse por calquera dos seguintes medios:

- Desde a sede electrónica da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.gob.es), no apartado "Mis notificaciones", clicando en “Acceso a notificaciones y comunicaciones de la AEAT”.

- A través do punto de acceso xeral da Administración Xeral do Estado (notificaciones.060.es), mediante a Dirección Electrónica Habilitada (DEH).

- A través da carpeta cidadá (sede.administracion.gob.es/carpeta/clave.htm).

Xúntanse documentos explicativos de acceso ás notificacións. (Manual usuario notificacións DEH)

Neste senso, informan que desde a entrada en vigor da mesma o 2 de outubro de 2016, todas as notificacións que enviaron aos obrigados a relacionarse electrónicamente realizáronse por vía telemática, poñéndose a disposición do destinatario e entendéndose notificadas polo transcurso de dez días se non accederon á notificación, polo que é importante que os distintos concellos verifiquen se existe algunha notificación remitida xa que en principio non se envían por ningunha outra vía (correo postal ou outros). Cónstalles que algúns concellos teñen algunha/s notificacións telemáticas que se deron por notificadas polo transcurso dos dez días, sen que nos conste a visualización destas notificacións por parte dos mesmos.

Para o acceso a ditas notificacións é necesario contar cun certificado electrónico válido, cuxa solicitude se realiza con arranxo ao procedemento que lle xuntamos nos documentos abaixo relacionados.

Asimesmo infórmannos que se habilitou un sistema de avisos de recepción de notificacións, no que os concellos se poden dar de alta comunicando un teléfono móvil o unha dirección de correo electrónico a través dos cales se recibe o aviso das notificacións emitidas pola Axencia Tributaria. Ditos avisos non terán a consideración de notificación en ningún caso. Xúntase documento explicativo da suscrición ao sistema de aviso de notificacións.

Descargas: