Os concellos galegos: Un papel fundamental na alimentación local sostible

Data: 

martes, 18 Xuño, 2024 (Todo o día)

 

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía e o Concello de Allariz organizan o día 18 de xuño unha xornada centrada no papel que os Concellos poden desenvolver para garantizar unha alimentación máis sostible e local promovendo e apoiando os recursos e axentes do seu territorio.

Existen no territorio galego xa algunhas iniciativas pioneiras e inspiradoras nese sentido e, ademáis de coñecelas máis en profundidade así como outras que se desenvolven no Estado español, pretendemos abrir un espazo de diálogo entre concellos interesados en pór en marcha proxectos vencellados á produción, transformación, comercialización e consumo de alimentos locais cunha mirada de sostibilidade social, ambiental e económica. 

Se ben estamos todavía lonxe de conseguir un sistema alimentario respectuoso coa natureza, que remunere axeitadamente as persoas que producen alimentos e alimente de forma sostible e saudable a toda a poboación, dende a Rede de Municipios pola Agroecoloxía consideramos que os Concellos galegos poden ter un papel moi relevante neste sentido.

Aínda que se ten considerado que os gobernos locais non teñen competencias en agricultura e alimentación e que estas están compartidas entre o Ministerio de Agricultura, Pesca Alimentaria e as distintas Consellerías das Comunidades Autónomas, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora do Bases do Réxime Local (LRBR) outorga unha serie de competencias propias que permiten levar a cabo múltiples accións arredor destas cuestións, así como a posibilidade de serlles atribuídas outras competencias desde órganos superiores en materia de agricultura e alimentación ás entidades locais. Ademáis, estas tamén están facultadas para actuar en interese da cidadanía, sempre que non corran riscos económicos e non se execute o mesmo servizo público que outra administración.

 

enlightenedCANDO? 18 de xuño, todo o día.

enlightenedONDE? Allariz, salón de plenos da Casa do Concello

enlightenedINSCRÍBETE AQUÍ ANTES DO 6 DE XUÑO

enlightenedIMPORTANTE: Haberá xantar a cargo da organización. Para facilitar a loxística, cumprimenta o formulario.

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN: Teléfono 615489739 ou escribir a nuria@municipiosagroeco.red

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada4.17 MB