Conferencia Final do proxecto europeo Tropa Verde Rewarding Recycling!

Data: 

martes, 11 Maio, 2021 (Todo o día)

O vindeiro 11 de maio de 2021 terá lugar no edificio municipal CERSIA en Santiago de Compostela a Conferencia Final do proxecto europeo Tropa Verde Rewarding Recycling!. Será unha xornada que contará con interesantes relatorios sobre residuos urbanos, reciclaxe e economía circular da man de representantes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Sogama, Concello de Carballo, Concello de Santiago de Compostela , Ecoembes, Grupo ICEDE de economía aplicada da USC e dúas empresas que traballan no eido da innovación e da economía circular, Cholita e Teimas  Desenvolvmento SL. 

Tropa Verde é un proxecto colaborativo impulsado polo Concello de Santiago de Compostela que trata de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe de residuos como un xeito de coidar no noso ambiente. A través dunha plataforma de gamificación, as persoas participantes consiguen descontos e agasallos directos en establecementos colaboradores da cidade. 

O evento realizarase de xeito presencial no salón de actos do edificio municipal CERSIA. Actualmente, o número de prazas dispoñibles para asistir como público está limitado a 26. Este número podería variar en función das decisións que adopten as autoridades sanitarias para o 11 de maio. 

Asemade transmitirase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Santiago para todas as persoas interesadas en seguir o evento en liña. 

En ámbolos casos, será preciso inscribirse previamente cumplimentando o formulario que se indica na Axenda.  No formulario de inscrición deberase indicar a ponencia ou ponencias ás que está interesado en asistir de xeito presencial. A organización do evento responderá a cada persoa indicando o número de cadeira asignada no salón de actos. 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA CONFERENCIA TROPA VERDE158.09 KB