Data:
O Congreso “Concellos 2030” xurde coa intención de poder compartir información sobre a sustentabilidade entre técnicos e responsables das administracións locais e empresas ligadas á xestión dos recursos públicos.
Esta edición está organizada polo Concello de Carballo e Gestagua, coa colaboración da Fegamp e de Urbaser, e os temas escollidos para tratar son:
- O CICLO DA AUGA
- O AFORRO ENERXÉTICO
- A XESTIÓN DOS RESIDUOS
- A MOBILIDADE URBANA
A través de conferencias e visitas guiadas, os asistentes poderán profundizar nestes temas así como coñecer de primeira man casos prácticos.
CANDO: 29 e 30 de setembro
ONDE: Fórum Carballo. Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. 15100 - Carballo (Ver localización)
Para máis información poderán contactar coa Secretaría Técnica en: congreso@concellos2030.gal ou no 618 004 110.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 1.76 MB |