Data:
xoves, 23 Novembro, 2023 (Todo o día) a venres, 24 Novembro, 2023 (Todo o día)
O xoves 23 e venres 24 de novembro celébrase na Coruña o CONGRESO ENERDIXITAL 2023 que estará novamente adicado ás enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a dixitalización.
Este Congreso ten a vocación de ser un punto de encontro entre investigadores e profesionais do sector enerxético en Galicia.
O evento está organizado polo Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
Para máis información: https://enerdixital.com/