Data:
Os próximos 24 e 25 de novembro, coincidindo co V Salón do Deporte e Turismo Activo, Sportur Galicia, celebrarase no recinto Feiral de Expourense o Congreso Internacional de Turismo Deportivo, unha iniciativa conxunta de Turismo de Galicia e da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e Turismo de Galicia a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (EXPOURENSE).
O congreso ten o obxectivo de afondar nas oportunidades do turismo deportivo como motor do desenvolvemento local e autonómico, polo que dentro das xornadas contarase con expertos na materia e analizaranse experiencias de éxito de diferentes destinos a nivel mundial que permitirán explorar vías de crecemento neste sector económico e de emprego tan significativo como é o do turismo e o deporte.
Este foro será unha gran oportunidade para debater sobre novos enfoques, sustentabilidade, movilidade sostible ou protección do medio ambiente e dos recursos, entre outros temas.
A inscrición no congreso é gratuíta e pódese realizar a través de https://sporturgalicia.com
Tamén pode obter información adicional a través da secretaria técnica en +34 988 36 60 30 ou no mail:mailto: directordeportivo@expourense.org