Consello Federal 4 de maio de 2010



O PRESIDENTE DA FEGAMP INFORMOU AO CONSELLO FEDERAL DAS NEGOCIACIÓNS COA XUNTA PARA ACADAR UN MODELO DE FINANCIAMENTO MAIS AXEITADO E ESTABLE PARA OS VINDEIROS ANOS

Santiago, 4 de maio de 2010. O presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro, presidiu este mediodía a reunión ordinaria do Consello Federal, máximo órgano entre asembleas da organización municipalista.

No seu Informe de Xestión, o alcalde de Ames referiuse ás negociacións abertas coa Xunta para a procura dun modelo de financiamento axeitado e estable, para un período mais longo que o que ten expirado. Lembrou os acordos acadados para prorrogar o modelo durante o exercicio de 2010, e citou a achega dunha dotación para pequenos concellos (menores de cinco mil habitantes), por valor de un millón de euros en 2009 e a sinatura dun convenio polo que se garantiron os ingresos dos municipios no presenten exercicio, palia