Constitución da Comisión Técnica sobre as sacas de madeira

Data: 

mércores, 20 Xullo, 2016 - 11:30

A sede da Fegamp acolleu a constitución da Comisión Técnica de Traballo Xunta-Fegamp-Sector empresarial da madeira, que se encargará da elaboración da futura ordenanza-tipo que regule as actividades de corte e saca de madeira a través das pistas e camiños de propiedade municipal. O obxectivo é dotar dunha maior seguridade xurídica a todos os axentes implicados: os veciños e veciñas propietarios do recurso, os empresarios produtores e transformadores e os propios concellos nos que se realice a extracción. Ademais de técnicos e responsables da propia Fegamp, asistiron representantes da Dirección Xeral de Ordenación e Producción Forestal, de Confemadera, do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo.

Está previsto que a finais do mes de setembro esta listo un borrador avanzado da ordenanza, coa finalidade de homoxeneizar as distintas normativas municipais.