CONSULTA PÚBLICA DA UNIÓN EUROPEA SOBRE 'OBSERVACIÓN DA TERRA NUN CONTEXTO GLOBAL'

Data: 

martes, 24 Febreiro, 2015 (Todo o día) a luns, 20 Abril, 2015 (Todo o día)

A Comisión Europea (CE) abriu unha consulta pública 'EU survey on Earth observation in a global context', para buscar contribucións de todas aquelas persoas interesadas nos temas de observación da terra (EO) nun contexto e aproximación globais. Esta consulta permanecerá aberta ata o 20 de abril de 2015. A terra (atmosfera, océanos e superficie) está a cambiar rapidamente, nunha parte importante debido á actividade humana. A monitorización e modelización destes cambios son críticas, xa que permite á sociedade, os gobernos e ás entidades públicas e privadas unha toma de decisións fundamentada sobre cambio climático, enerxía, seguridade alimentaria, desastres naturais, saúde e outros retos sociais. A observación da terra baséase en toma de datos de sensores remotos ou medicións 'in situ' recollidas en distintas plataformas de monitorización, ou mesmo adquiridos polos propios cidadáns a través dos seus dispositivos móbiles (concepto 'citizen obsevatory'). A través desta consulta, a CE quere: ter unha estimación do interese xeral e posición nos temas de observación da terra (EO), GEO (Intergovernmental Group on Earth Observations) e GEOSS (Global Earth Observation System of Systems); formular como maximizar os beneficios da UE a través dun incremento na coordinación dos temas de EO; así como conseguir distintos puntos de vista sobre un conxunto de accións posibles a nivel da UE, no ámbito de EO e GEO.

Lugar: Online.

Organizador: Comisión Europea.