Data:
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pón ao dispor das administracións, organizacións, asociacións e demais persoas interesadas un documento informativo relativo a unha futura Orde ministerial pola que se aproben as normas xerais para a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria, conforme ao establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados, a efectos de solicitar a súa opinión.
Ademáis dos aspectos que cada entidade valore comentar, solicítase a opinión sobre as seguintes preguntas:
- Considera que a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria incentivaría a súa implantación a nivel local?
- Que cuestións considera prioritarias abordar no Proxecto de Orde Ministerial polo que se aproben as normas xerais para a exención de autorización da compostaxe doméstica e comunitaria?
Pódese acceder á documentación informativa e ao formulario de achegas aquí.
As achegas faranse chegar ao enderezo de correo electrónico bzn-sug_residuos@miteco.es
O prazo para remitir as achegas remata o 24 de xuño.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 92.55 KB |