Consultas Coronavirus

A FEGAMP habilitou este servizo para que os concellos dispoñades dunha canle na que consultar dúbidas, expoñer as vosas dificultades/queixas, ou deixar suxestións e observacións no marco da crise do coronavirus.

Por favor, é importante que empreguedes esta ferramenta só para cuestións relacionadas coa xestión do COVID-19.

Nos fondos documentais da sección do coronavirus da nosa web tendes a vosa disposición todas as publicacións e comunicados oficiais de interese para os concellos, así coma resumos e recomendacións elaborados pola FEGAMP para facilitarvos a información. Recoméndase a súa consulta.

Así mesmo o equipo técnico e administrativo da FEGAMP está a vosa disposición para axudarvos. Todas as comunicacións recibidas terán resposta.

NOTA: Este é un servicio exclusivo para as administracións locais