Contidos da III Xornada sobre Economía Circular Local: “Prevención, reutilización e xestión de residuos no sector téxtil”

Data: 

mércores, 26 Novembro, 2025 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2025.- O pasado 6 de novembro, a Federación Galega de Municipios e provincias (FEGAMP) celebrou en Santiago de Compostela a III Xornada sobre Economía Circular Local, versando nesta edición sobre  a “Prevención, reutilización e xestión de residuos no sector téxtil”, na que participaron profesionais e persoas expertas da realidade da contratación pública da xestión dos residuos municipais.

A xornada tivo por obxectivo analizar a modificación da Directiva de residuos para integrar a responsabilidade do produtor no sector téxtil, e o borrador de Real Decreto nesta materia impulsado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, así como a repercusión destes procesos na xestión local de residuos. E enmarcouse dentro das iniciativas do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC), que vense desenvolvendo dende 2022 pola FEGAMP en colaboración co Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular (FIREC) da Universidade da Coruña.

  • Vídeo resumo III XORNADA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR LOCAL FOGALEC: Prevención, reutilización e xestión de residuos no sector téxtil https://youtu.be/eBPmF5G2Y5g

Despois da inauguración das xornadas, a cargo do presidente da FEGAMP, Alberto Varela; do adxunto ao Vicerreitoriado de Sustentabilidade da Universidade da Coruña (UDC); do concelleiro de Sustantibilidade Ambiental do Concello Santiago de Compostela, Xesús Domínguez, e da directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría se sucederon cinco mesas nas que se abordaron os principais asuntos vencellados coa xestión dos residuos téxtiles.

A primeira mesa, baixo o título "Un novo marco xurídico da economía circular no sector téxtil ", foi presentada e moderada por Juan José Pernas, coordinador das xornadas e profesor titular de Dereito Administrativo da UDC , e contou coa intervención de Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

- Vídeo mesa inaugural e primeira mesa "Un novo marco xurídico da economía circular no sector téxtil

"   https://youtu.be/v3H7KvScRdM

Proseguiu a mesa "Regulación de ecodeseño e produtos téxtiles" na que intervirón Gema Patón, catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Castilla-La Mancha; Aloia López, abogada en Terraqui, e Itziar Sobrino, investigadora na UDC e en ECOBAS.

- Video da mesa "Regulación de ecodeseño e produtos téxtiles" https://youtu.be/DHDMLdnaeMk

Continuaron os traballos coa mesa "Modelo de xestión dos productos téxtiles e calzados usados e os seus residuos", presentada e moderada por Juan José Pernas, e que contou coas intervencións de Ricardo Luis Izquierdo, director xeral de Economía Circular do Ayuntamiento de Fuenlabrada; Juan Ramón Meléndez, director xeral da Asociación para a Xestión do Residuo Téxtil e Calzado REVISTE; Albert Alberich, director de Moda-Re, e Pilar Chiva, directora da área de Economía Circular da Axencia de Residuos de Catalunya.

- Vídeo da mesa "Modelo de xestión dos productos téxtiles e calzados usados e os seus residuos"  https://youtu.be/bgbdu4S23-g

Depois foi a quenda da mesa "O papel dos diversos actores sociais e económicos" coas intervencións de Carmen Redondo, vogal do Consello de Consumidores e Usuarios (CCU); Pablo José Moros, técnico de Medio Ambiente da Fundación 1º de Mayo-ISTAS; Rafael Mas, director de Relaciósn Externas e Proxectos de HUMANA, e Mino Martínez, presidente de CEGASAL.

- Vídeo da mesa "O papel dos diversos actores sociais e económicos" https://youtu.be/bArxPkBgL_c

A sexta e última mesa tivo o título "Xestión de residuos municipais e residou téxtil", na que interviñeron María Martínez Abraldes, xefa de sección de Residuos da Deputación de Pontevedra; Jose María García Bresó, director da fundación Traperos de Emaus; Isabel Fraga, presidenta da Asociación de Empresas de Insercións AEIGA, e Jesús García Blanco, vogal do Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia TACGAL.

- Vídeo da mesa "Xestión de residuos municipais e residuo téxtil" https://youtu.be/a_SNqJFjiWY