CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERIA DE FACENDA, A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA E A FEGAMP AO ABEIRO DO PROCEDEMENTO DE REGULARIZACIÓN CATASTRAL

Este convenio ten por obxecto establecer un marco xeral de colaboración entre a Consellería de Facenda, a ATRIGA e as Entidades Locais de Galicia asociadas á FEGAMP que se adhiran ao presente convenio, polo que se preste un servizo de asesoramento aos devanditos concellos, que así o soliciten, respecto do exercicio das súas competencias normativas en relación ao imposto sobre bens inmobles e a súa repercusión no ámbito financeiro e equilibrio orzamentario dos mesmos; implementando á súa vez un reforzo das garantías do axeitado desenvolvemento do procedemento de regularización catastral do que están a ser obxecto os inmobles radicados en diversos concellos galegos.

O presente convenio obriga ás partes asinantes e ás entidades locais que se adhiran ao mesmo a prestarse a máxima colaboración para lograr o mellor logro dos fins perseguidos.
En particular, a Axencia Tributaria de Galicia comprométese a prestar asesoramento en materia tributaria aos Concellos que se poidan adherir a este convenio no relativo ao exercicio polas corporacións locais das competencias que legalmente teñen recoñecidas no imposto sobre bens inmobles e, a Consellería de Facenda, a comprobar a súa incidencia na estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financeira.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio1.44 MB