Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia.
O presente convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades Locais de Galicia para o impulso e desenvolvemento da Administración Electrónica coa finalidade de acadar un nivel homoxéneo de prestación de servizos públicos dixitais no territorio da Comunidade autónoma de Galicia e garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración pública.
Con esa finalidade, tamén é obxecto deste Convenio a determinación das condicións nas que a Xunta de Galicia facilitará o acceso das Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia que estean interesadas nas solucións tecnolóxicas relacionadas nel ou polas que as actualicen ou modifiquen no futuro, mediante a subscrición do correspondente Acordo de adhesión, que garantirá, en todo caso, o cumprimento das obrigas establecidas no presente Convenio.
Por conseguinte, este convenio establece ademais os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 1.62 MB | |
| 927.29 KB | |
| 1.67 MB |

Sede Electrónica