Dende a Fegamp queremos incidir na conveniencia de que o seu concello se acolla ao convenio asinado entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e esta Federación Galega de Municipios e Provincias, en relación coa detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, derivado de execucións hipotecarias ou de impago de rendas.
Os procedemento e a documentación a remitir á Fegamp sería o seguinte :
- Modelo de adhesión debidamente cumprimentado.
- Datos da persoa ou persoas responsables dos servizos sociais do concello que serán as encargadas de levar a cabo os trámites establecidos no convenio (nome e apelidos, cargo/posto de traballo, teléfono de contacto e enderezo electrónico directo co fin de facilitar as comunicacións entre administracións).
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 2.58 MB | |
| 6.19 MB | |
| 1 MB | |
| 24 KB | |
| 4.02 MB |

Sede Electrónica