CONVENIO XUNTA DE GALICIA - FEGAMP PARA O PROGRAMA GALEGO DA VESPA VELUTINA 2024

Convenio entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (VESPA VELUTINA).

O presente convenio ten por obxecto establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Avespa Asiática (Vespa velutina) en 2024 entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos. Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes. 

O presente convenio constitúe o marco xurídico xeral tanto das entidades locais xa adheridas dende o ano 2023 que se relacionan no Anexo I como das novas entidades locais interesadas en adherirse relacionadas no Anexo II coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da Vespa Velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá. As entidades locais dos Anexos I e II deberán formalizar a sua adhesión mediante a cobertura do Anexo III no prazo máximo dun mes dende a sinatura do presente convenio de colaboración.

Enviar o anexo III cuberto e asinado a : rexistro@fegamp.gal 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do Convenio 2024308.83 KB
Ficheiro Anexo III - Modelo de adhesión141.46 KB