CONVENIO XUNTA DE GALICIA - FEGAMP PARA O PROGRAMA GALEGO DA VESPA VELUTINA 2026

Data: 

martes, 28 Abril, 2026 (Todo o día)

Convenio entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (VESPA VELUTINA) no ano 2026.

O presente convenio ten por obxecto establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Avespa Asiática (Vespa velutina) en 2026 entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos.

Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.O presente convenio é de aplicación para a administración da comunidade autónoma de Galicia e para a toda a administración local de Galicia, incluíndo as entidades locais territoriais e as non territoriais, nos termos establecidos nos artigos 1 e 2 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

O presente convenio constitúe o marco xurídico xeral de todas as entidades locais galegas, que manifestaron a súa vontade de manterse adheridas no ano 2026, coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da Vespa velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola, tendo tamén repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.
Todas entidades locais galegas, que se relacionan no Anexo I, deberán formalizar a súa adhesión mediante a cobertura do protocolo do Anexo II no prazo máximo dun mes dende a sinatura do presente convenio de colaboración.
 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon TEXTO DO CONVENIO 2026320.39 KB
Ficheiro Anexo II - Modelo de adhesión141.47 KB