O próximo martes 29 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp, ás 12:00 horas terá lugar a Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego quere facer extensiva esta convocatoria a todos os concellos galegos sexan socios ou non.
Pode atopar a convocatoria e toda a documentación no seguinte enlace: www.fondogalego.gal ou nos pdf que aparecen a continuación.
Para confirmar asistencia, calquera dúbida, comentario ou suxerencia pódense poñer en contacto coa Secretaría do Fondo Galego no seguinte correo electrónico: info@igadi.org
O pasado 8 de setembro o Fondo Galego publicou unha declaración institucional, da que os socios poden apropiarse, empregándoa nas súas páxinas webs, blogs, redes sociais...
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Convocatoria | 212.16 KB |
Proposta Comisión Executiva 2015-2019 | 212.18 KB |
Balance 1997-2015 | 177.33 KB |