CONVOCATORIA DE AXUDAS DA FEMP PARA FOMENTAR A PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS POLÍTICAS PÚBLICAS EN MATERIA DE IGUALDADE NO ÁMBITO MUNICIPAL

Data: 

venres, 4 Febreiro, 2022 (Todo o día) a xoves, 24 Febreiro, 2022 (Todo o día)

 

A presente convocatoria ten por obxecto facilitar ás Entidades Locais adheridas á FEMP a posta en marcha de accións dirixidas a fomentar a transversalidade do enfoque de xénero na planificación e desenvolvemento de todas as políticas en materia de igualdade no ámbito municipal, especialmente a través da creación, desenvolvemento e fortalecemento de proxectos e medidas de conciliación e corresponsabilidade, así como a posta en marcha e/ou desenvolvemento de plans de emprego con perspectiva de xénero no ámbito municipal.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir da publicación da convocatoria na Web da FEMP (do 4 ao 24 de febreiro de 2022)

Entidades Beneficiarias

As entidades locais que concorran á presente convocatoria pública deberán estar asociadas á FEMP e realizar accións específicas destinadas á posta en marcha de plans de emprego que inclúan a perspectiva de xénero, dirixidos a reducir o desequilibrio no acceso ao mercado de traballo, fomentando a igualdade de xénero como factor de desenvolvemento local e de benestar da poboación en xeral polo menos dende o ano 2019.

Modalidade A: 

Dirixida concellos asociados á FEMP con unha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes, que conten con unha porcentaxe de poboación de menores de 3 anos superior o 3%.

  • Concellos asociados á FEMP con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares asociados á FEMP, para proxectos ou actuacións destinadas a municipios de poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Agrupacións de municipios asociados á FEMP, sempre que o conxunto da poboación dos municipios agrupados sexa igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Actuacións:

  1. Conciliación e corresponsabilidade no ámbito privado, a través de accións de concienciación, servizos de información e actividades en centros educativos, socioculturais, deportivos ou servizos de novo establecemento ou ampliación ou mellora dos xa existentes destinados á cidadanía en xeral que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e profesional e a corresponsabilidade entre homes e mulleres, no ámbito territorial da Entidade Locacal.
  2. Conciliación e corresponsabilidade no ámbito público, a través de accións de sensibilización dirixidas a xerar un cambio de cultura real dos roles tradicionais entre mulleres e homes e que sirva de apoio a empresas e organizacións.
  3. Accións dirixidas a fomentar programas de atención e coidado de menores, maiores ou dependentes, así como aqueles dirixidos especialmente, a persoas pertencentes a colectivos en situación de especial vulnerabilidade.

Financiación da Modalidade A:

  • Ata un máximo de 45.000 euros, cantidade máxima para a concesión de 15 axudas que non superarán 3.000 euros cada unha, destinadas a actuacións a desenvolver por concellos con unha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes.
  • Ata un máximo de 60.000 euros, cantidade máxima para la concesión de 15 ayudas que no superarán los 4.000 euros cada una, destinadas a actuaciones a desarrollar por Ayuntamientos con una población de entre 5.001 y 10.000 habitantes.
  • Ata un máximo de 15.000 euros, cantidade máxima para a concesión de 2 axudas, que non superarán os 7.500 euros cada unha, destinadas a actuacións a desenvolver por Deputacións Provinciais, Cabildos, Consellos Insulares e outras agrupacións de concellos cuxo conxunto da poboación dos municipios agrupados sexa igual ou inferior a 10.000 habitantes. 

Modalidade B:

Dirixida a Concellos asociados á FEMP con unha poboación igual ou inferior a 100.000 habitantes, que conten con un Plan de Igualdade vixente. 

  • Concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes.
  • Concellos con poboación de entre 10.001 e 20.000 habitantes.
  • Concellos con poboación de entre 20.001 e 100.000 habitantes

Proxectos destinados a :

  1. Diminuír os desequilibrios de xénero
  2. Consolidar políticas e accións de transformación que promovan a igualdade de oportunidades laborais entre homes e mulleres
  3. Garantir a participación, benestar e permanencia das mulleres nas zonas rurais e municipios de menor poboación.

Financiación da Modalidade B:

  • Ata un máximo de 40.000 euros, cantidade máxima para a concesión de 10 axudas que no superarán 4.000 euros cada una, destinadas a actuaciones a desarrollar por Ayuntamientos con una población igual o inferior 10.000 habitantes.
  • Ata un máximo de 50.000 euros, cantidade máxima para a concesión de 10 axudas que non superarán os 5.000 euros cada unha, destinada á actuacións a desenvolver por concellos con poboación de entre 10.001 e 20.000 habitantes.
  • Ata un máximo de 15.000 euros, cantidade máxima para a concesión de 2 axudas, que non superarán os 7.500 euros cada unha, destinadas a actuacións a desenvolver por concello con unha poboación de entre 20.001 e 100.000 habitantes.

Descargas: