CONVOCATORIA II PREMIO X AIRE LIMPO

Data: 

mércores, 1 Abril, 2020 (Todo o día)
II Premio X Aire Limpo

II Premio X Aire Limpo ás mellores iniciativas para mellorar o aire das nosas cidades

A Plataforma X Aire Limpo convoca este premio cun único obxectivo, recoñecer publicamente aos concellos comprometidos coa calidade do aire da súa cidade e dar visibilidade a estas prácticas para que sirva de exemplo e estímulo para os seus homólogos.

Categorías

Establécense as dúas categorías para o “II Premio X Aire Limpo”.

  •  Concellos de máis de 100.000 habitantes.
  •  Concellos de menos de 100.000 habitantes.

Presentación de candidaturas

A presentación de candidaturas realizarase enviando ao correo electrónico premio@porunairelimpio.es o formulario de solicitude dentro do prazo establecido.

Período de admisión de candidaturas

Aberto ata o 1 de abril de 2020.

Xurado

O xurado destes premios será o órgano encargado de evaluar e calificar as candidaturas presentadas. Este xurado estará integrado polos membros do Comité de Asesor da Plataforma X Aire Limpo.

Os premios poderán declararse desertos en caso de non existir candidaturas idóneas.

Criterios de evaluación

Entre todas as candidaturas recibidas o xurado elexirá aos gañadores tendo en conta estes criterios de evaluación:

  • Grado de cumprimento do obxectivo do premio: a iniciativa presentada debe servir para mellorar a calidade do aire na cidade.
  • Si a iniciativa contou cun proceso participativo, en qué fases e qué axentes participaron.
  • Valoración do grao de coñecemento da iniciativa por parte dos veciños. 
  • Si a iniciativa conta cun Plan de evaluación e no seu caso cómo é dito plan.

Dotación

Os premiados en ambas categorías terán un recoñecemento honorífico coa entrega de árbol - como símbolo da importancia de implementar sistemas de naturación urbana como boa práctica para mellorar a #CalidadeDoAire das nosas cidades- e un diploma que se entregará o día do acto de entrega dos premios.

Entrega dos premios

A entrega dos premios realizarase nun acto público en torno á semana do 5 de xuño de 2020, Día Mundial do Medio Ambiente.

Publicidade das iniciativas presentadas

A Plataforma X Aire Limpio resérvase o dereito a difundir a información recibida daquelas iniciativas presentadas polos concellos ao “II Premio X Aire Limpo” co obxectivo de que sirvan de exemplo e estímulo para outros municipios.

Aceptación das bases

A participación no “II Premio X Aire Limpo” conleva a aceptación destas bases. O fallo do xurado que será inapelable.

Contacto para máis información

Para cualquiera cuestión relacionada co “II Premio X Aire Limpo” pode poñerse en contacto con premio@porunairelimpio.es

ACCESO ás BASES COMPLETAS e ao FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

https://porunairelimpio.org/nosotros/premio.php

Descargas: