CONVOCATORIA MUNICIPIOS ESPAÑOIS INICIATIVA "PONTES DE CONFIANZA" UNIÓN EUROPEA - UCRAÍNA

A invasión de Rusia a Ucraína en febreiro de 2022 determinou a aparición de múltiples iniciativas a nivel europeo, estatal, rexional e local co obxectivo de apoiar na recuperación e reconstrución de Ucraína.

A nivel rexional e local, unha das iniciativas máis recentes foi a creación da Alianza Europea de Cidades e Rexións para a Reconstrución de Ucraína, á que está  adherida  a Xunta de Galicia. A citada alianza foi impulsada o pasado 30 de xuño polo Comité Europeo das Rexións (CdR), co apoio de asociacións locais e rexionais da Unión Europea (UE) e de Ucraína.

De maneira paralela  e complementaria, o Programa de Empoderamento, Responsabilidade e Desenvolvemento Localde Ucraína (U-LEAD con Europa - en inglés U-LEAD with Europe), busca apoiar ao goberno ucraíno co fin de que poña en marcha  unha reforma  integral do seu sistema de organización administrativa co obxectivo de fortalecer aos municipios ucraínos. Este programa foi impulsado por doantes múltiples da Unión Europea e por algúns dos seus estados membros - Alemaña, Suecia, Dinamarca, Polonia e Estonia.

Actualmente, dentro do citado programa U-LEAD,  a través da iniciativa "Pontes de Confianza", están a buscar novas socios e buscan incluír a municipios españois, en concreto galegos, co fin de promover unha cooperación de intercambio de coñecemento e de experiencias a nivel técnico con municipios ucraínos.

Anéxase breve nota informativa sobre a convocatoria. 

Descargas: