CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DA DISTINCIÓN CIDADE DA CIENCIA E A INNOVACIÓN CORRESPONDENTE AO ANO 2015. PRAZO: 18-03-2016

Data: 

xoves, 24 Decembro, 2015 (Todo o día) a xoves, 18 Febreiro, 2016 (Todo o día)

 

Ministerio de Economía e Competitividade

Resolución do 16 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, pola que se aproba a convocatoria para a concesión da distinción Cidade da Ciencia e a Innovación correspondente ao ano 2015.

Obxecto

O obxecto desta Resolución é aprobar a convocatoria da quinta edición da distinción «Cidade da Ciencia e a Innovación», a correspondente ao ano 2015, cuxa concesión se realiza mediante o réxime de concorrencia competitiva, conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios aqueles concellos que realizasen ou promovesen proxectos de innovación nos termos previstos no artigo 7 da Orde CIN/2502/2010, do 17 de setembro.

2. A efectos desta convocatoria, teranse en conta aqueles proxectos de innovación vixentes no momento de presentar a candidatura e propostos para o período 2016-2018.

Modalidades da distinción

Nesta convocatoria concederanse ata un máximo de 10 distincións por cada unha das tres categorías previstas no artigo 3.1 da Orde CIN/2502/2010, do 17 de setembro, en función da poboación do municipio:

a) Ata 20.000 habitantes.

b) De 20.001 a 100.000 habitantes.

c) Máis de 100.000 habitantes.

Normativa aplicable

A concesión e o contido desta distinción réxense polo disposto no título I da Orde CIN/2502/2010, de 17 setembro, pola que se crea a distinción «Cidade da Ciencia e a Innovación», e establécense as súas bases, modificada pola orde CIN/2785/2010, do 29 de outubro, e polo establecido na presente convocatoria para o ano 2015.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado», ás 00:00 horas (hora peninsular) e finalizará o 18 de febreiro de 2016, ás 15:00 horas (hora peninsular).

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 306192.13 KB