CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA REDE ESTATAL DE CENTROS DE CAPACITACIÓN DIXITAL EN ENTIDADES LOCAIS (PRTR). PRAZO: 08-06-2023

Data: 

venres, 5 Maio, 2023 (Todo o día) a xoves, 8 Xuño, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Orde EFP/440/2023, do 24 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e realízase a convocatoria para o ano 2023, para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU. BDNS (Identif.): 658248.

Obxecto

Creación dunha rede estatal de centros de capacitación dixital, no ámbito do Sistema de Formación Profesional, en entidades locais, que se integrará como parte da rede estatal de centros de capacitación dixital, e proceder á súa convocatoria para o exercicio de 2023.

As subvencións que se concedan ao amparo desta convocatoria terán como finalidade a posta en marcha dun tipo particular de aulas e accións formativas vinculadas á capacitación dixital da cidadanía.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas:

a) As entidades locais territoriais que figuran a continuación, segundo o establecido na Lei 7/1995, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local modificado polo artigo 1.2. da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local e ás que se refire o artigo 11 e 12.1 e 12.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro:

O municipio.

A Provincia.

A Illa nos arquipélagos balear e canario.

As Comarcas ou outras entidades que agrupen varios Municipios, instituidas polas Comunidades Autónomas de conformidade con esta Lei e os correspondentes Estatutos de Autonomía.

As Mancomunidades de Municipios.

b) As entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais e organismos autónomos, encargadas dos servizos educativos e programas de educación non formal de educación de adultos, formación profesional e/o formación para o emprego ou servizos análogos, constituídos ao amparo das normas reguladoras das Bases do Réxime Local e segundo o disposto no artigo 85.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Sempre que o beneficiario sexa unha persoa xurídica e sempre que así se prevexa nas bases reguladoras, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Bases reguladoras

Orde EFP/440/2023, do 24 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e realízase a convocatoria para o ano 2023, para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

Contía

Dotación de 12.495.000,00 € que se distribuirán en 510 módulos de 24.500,00 € euros cada un.

Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables:

a) Os indubitadamente vinculados á formación.

I. Gastos organizativos.

i. Gastos de adaptación, conectividade e equipamento dos centros creados.

II. Gastos directos como consecuencia da programación, difusión, implementación, seguimento, avaliación e certificación das actividades formativas.

III. Gastos de persoal do formador.

IV. Gastos de alugueiro de infraestruturas físicas ou telemáticas.

V. Outros gastos asociados.

b) Gastos asociados ao acompañamento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, e vías non formais de formación dos traballadores.

c) No caso de imputar gastos de persoal, poderanse imputar custos indirectos, equivalentes a un tipo fixo do 15 % dos custos directos de persoal imputados, por trasposición do artigo 54.b) do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte e cinco (25) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 658248): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/658248

-Na Secretaría Xeral de Formación Profesional (Ministerio de Educación e Formación Profesional).

-As solicitudes, comunicacións e demais documentación esixible relativa aos proxectos que concorran a este apoio financeiro, serán presentadas a través da sede electrónica asociada do Ministerio de Educación e Formación Profesional:  https://sede.educacion.gob.es/portada.html

-O Ministerio de Educación creou un apartado de preguntas frecuentes e un correo para consultas:

https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:ab4c1bb3-8dd5-4f26-ade5-9fe192eb...

E-mail concultas: red.digital@educacion.gob.es

 

 

Descargas: