Data:
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Extracto da Resolución do 27 de maio de 2025 da Fundación Biodiversidade F.S.P. pola que se aproba a publicación da Convocatoria para o fomento da economía e o impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura en 2025.
BDNS (Identif.): 833416
Obxecto
O obxecto da convocatoria é apoiar proxectos que promovan a sustentabilidade das actividades pesqueiras e acuícolas en liña coa PPC, a través das seguintes temáticas:
-Fomentar, a través da investigación, a pesca sostible, a recuperación e a conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando que as actividades pesqueiras sexan económica, social e medioambientalmente sostibles e contribuír a minimizar os posibles efectos adversos da pesca sobre o medio mariño.
-Fomentar, a través da investigación, as actividades sostibles de acuicultura, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, con enfoque de xénero, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión.
-Reforzar, a través da xeración de coñecemento científico, a gobernanza internacional dos océanos e facer dos mares e os océanos sexan seguros, protexidos, limpos e xestionados de maneira sostible, mediante a promoción do coñecemento do medio mariño.
Entidades beneficiarias
Poderán adquirir a condición de entidades beneficiarias as persoas xurídicas públicas, privadas sen ánimo de lucro e as agrupacións das anteriores, segundo disponse nas tipoloxías reflectidas no apartado 1 do artigo 2 da Orde TED/920/2023, do 18 de xullo.
Bases reguladoras
Orde TED/920/2023, do 18 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P., en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da economía azul e o impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.
Dotación
A dotación máxima global da convocatoria é de 14.550.000€. O importe mínimo solicitado por proxecto, desenvolto de forma individual, será de 100.000€, e, no caso, de que se desenvolva en agrupación, será de 200.000€.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 2 meses e comezará o día seguinte á data de publicación do extracto desta convocatoria, nos termos e condicións especificados nas bases reguladoras.
Máis Información
-O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade: www.fundacion-biodiversidad.es
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 833416): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833416