CORUÑAVES 2015 - VI EDICIÓN DA MARATÓN ORNITOLÓXICA NO CONCELLO DA CORUÑA

Data: 

sábado, 28 Febreiro, 2015 (Todo o día)

Esta actividade lúdica consiste en ver por equipos o maior número de especies de aves posible dentro do municipio da Coruña, utilizando material óptico (prismáticos/telescopio) e procurando empregar medios de transporte respectuosos co entorno (bus urbano, bicicleta ou a pé).

Lugar: Municipio da Coruña

Organizador: Grupo Naturalista Hábitat

Data de inscrición: O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 26 de febreiro, inclusive.