CUESTIONARIOS: DEPORTE E DISCAPACIDADE

Data: 

domingo, 30 Outubro, 2022 (Todo o día)

 

Dentro das accións vencelladas do Plan Obesidade Zero, venimos traballando nos últimos meses nun grupo de traballo sobre Deporte e persoas con discapacidade coa Secreatría Xeral para o Deporte, o Clúster Industria Deporte Galego, a Fegamp e diferentes asociacións relacionadas co deporte e con persoas con discapacidade.

Neste tempo deseñamos dous cuestionarios para coñecer o contexto como primeiro paso para poder elaborar unha guía que permita mellorar o acceso das perosas con discapacidade ao deporte.

 

 

Se xestionas un servizo deportivo, gustaríanos que cubriras o «Cuestionario de servizos deportivos para persoas con discapacidade»

Se eres unha persoa con discapacidade gustaríanos que cubriras a «Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade»

Os enlaces estarán dispoñibles ata a 15/11/2022