Data:
A Fegamp como entidade fundadora de CIBER.gal participa na difusión da seguinte actividade formativa: Protección de datos: conceptos básicos e aplicación práctica, destinada a responsables de tratamento de datos de pemes e micropemes así como a profesionais interesados en coñecer as obrigas respeto ás normativas de protección de datos.
A actividade formativa é gratuíta, enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo CIBER.gal.
1ª sesión: 27 de abril
Inicio da sesión - 16:00h
Desenvolvemento da sesión (1h) - Sesión orientada a coñecer as principais obrigas que impoñen as normativas de protección de datos.
Fin da sesión - 17:00h
2ª sesión: 3 de maio
Inicio da sesión - 16:00h
Desenvolvemento da sesión (1h) - Sesión práctica na que se trasladarán unha serie de boas prácticas que permitirán instaurar unha óptima de cumprimento normativo en materia de protección de datos nas organizacións. Así mesmo, resolveranse casos prácticos mediante os cales se dará resposta a algunhas preguntas frecuentes. Entre outras: como protexer os datos dos clientes, como reaccionar e actuar se se produce unha brecha de seguridade, como usar ferramentas últiles tales como Facilita RGPD e Comunica-Brecha, da AEPD.
Fin da sesión - 17:00h
Para mais información e inscricións:
Protección de datos: conceptos básicos e aplicación práctica. | Gaiástech (xunta.gal)