CURSO SUPERIOR DE TÉCNICO DE URBANISMO

Data: 

martes, 31 Outubro, 2017 (Todo o día) a mércores, 8 Novembro, 2017 (Todo o día)

Este curso está organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.

O curso ten como obxectivos que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para traballar nas disciplinas da  ordenación do noso solo e responsabilizarse dos procesos de xestión do territorio. O estudo do urbanismo e a ordenación territorial farase partindo da normativa urbanística española estatal, facendo referencia, nos aspectos de maior interese, á normativa autonómica e, especialmente, á da Comunidade Autónoma galega.

Está dirixido a arquitectos interesados en ampliar os seus coñecementos cunha formación especializada no campo do urbanismo, profesionais no exercicio do ámbito urbanístico que necesitan actualizar os seus coñecementos en xestión urbanística, e a persoal das diferentes administracións públicas de Galicia: funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B que estea en posesión do título de licenciado, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro.

O prazo de matrícula abrirase ás 8:00 horas do mércores 4 de outubro, e permanecerá aberto ate as 23:00 horas do día 25 de outubro ou ate esgotarse as prazas dispoñibles.

Pode consultar toda a información no seguinte ENLACE.