Data:
martes, 20 Abril, 2021 - 12:00
A Comisión executiva da Fegamp, na sesión de 20 de abril de 2021, aprobou por unanimidade unha Declaración institucional sobre a participación das entidades locais na execución do Plan de recuperación, transformación e resiliciencia, na que reivindica o labor das entidades locais na crise da Covid-19, a súa capacidade e experiencia de xestión áxil e eficaz, e o seu papel como axentes dinamizadores e vertebradores do territorio, cualidades todas elas polas que as entidades locais deberían ter un papel fundamental na execución dos fondos que se están a habilitar, para unha maior e mellor incidencia sobre a sociedade.