A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica de Mariella Zilly no Hogar Español de Mercedes

Montevideo (Uruguai), 10 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, visitou a mostra pictórica da artista plástica Mariella Zilly, coincidindo co Día del Patrimonio do Uruguai, que se puido contemplar durante as últimas semanas no Hogar Español de Mercedes. Estivo acompañada do vicepresidente da entidade, Julio Riós, da representante da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Montevideo, Rosario Antón, e da profesora de baile May de la Peña.

Domínguez Alonso asegurou durante a súa visita a Mercedes que “dende a Xunta de Galicia temos a mesma vocación de abrirse ao resto do país e visitar aos galegos que residen noutras provincias do territorio. Temos infinidade de programas que se poñen a disposición do cidadán galego, porque para Galicia todo descendente de galego é un cidadán más, e coma tal queremos coidalo”. O Centro Gallego de Montevideo obsequiou ao Hogar Español cun cadro con temática da rapa das bestas.