DIRECCIÓN XERAL PATRIMONIO NATURAL - ACCIÓNS CONTRA OS DANOS DO XABARIL

Ante a preocupación de moitos agricultores e gandeiros polos danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas , e dado que estes danos concéntranse principalmente en dous períodos críticos do ano: entre a sementeira do millo (principal cultivo afectado) ata o momento no que as plántulas acaden un desenvolvemento de ata 3 follas (no cal deixa de ser apetecible para os xabarís), o cal ocorre na primaveira, concretamente no momento actual e durante o periodo previo á recollida do millo (finais de agosto ata outubro).
Co obxectivo pois de minimizar na medida do posible o impacto que provoca esta especie sobre as explotacións agrícolas galegas e polo risco sanitario asociado de transmisión de enfermidades, tense establecido un procedemento técnico que inclúe unha serie de medidas que veñen a complementar as xa instauradas no marco do Plan de Xestión Integral pasto en marcha pala CMATV e que contribúan á diminución destas incidencias.

O obxecto fundamental deste procedemento técnico consiste en axilizar a autorización da realización de medidas de control ao xabaril:
1.- Como medida paliativa dos danos ocasionados por esta especie, unha vez producidos estes.
2.- Como medida de control desta especie de xeito preventivo, para evitar prexuízos importantes para os cultivos agrícolas, no caso de danos recorrentes ou repetitivos en determinadas zonas, como potencial reservorio de epizootias como a PPA, polo risco sanitario asociado de transmisión de enfermidades de carácter epidemiolóxico con afección potencial sobre o home e pola incidencia na seguridade viaria pola incursión destes animais nas estradas, provocando accidentes de tráfico.
3.- Como medida excepcional para o control das poboacións de xabarís en determinados terreos. Este procedemento está deseñado especialmente para a súa aplicación durante o período correspondente aos meses de marzo, abril, maio e xuño , época de maior sensibilidade para as especies silvestre (coincidindo co seu período de reprodución) e que coincide así mesmo coa época de sementeira (etapa crítica na produción dos danos aos predios.

As medidas autorizables no marco deste procedemento, serán as seguintes:
A.- Extracción de individuos mediante esperas.
B.- Extracción de individuos mediante a instalación de gaiolas trampa.
C.- Desencarne dos xabarís mediante cans atrelados ou batidas disuasorias mediante o emprego de cans e sen armas.
D.- Extracción de individuos mediante batidas con armas.

O presidente do Tecor ou a persoa encargada, particulares ou concellos, poderán solicitar a autorización directa dunha modalidade específica de actuación (dentro das contempladas neste procedemento). No caso de que a zona para a que se solicite esta medida de actuación estea incluida nos concellos do anexo IV da Resolución anual da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante cada tempada, non será obrigatorio a comprobación previa dos danos e bastará coa declaración por parte do Tecor, particulares ou concellos.

En caso contrario, será preceptiva a comprobación in situ por parte dos axentes medioambientais do Distrito correspondente.

Con carácter excepcional poderá autorizarse a colocación de gaiolas-trampas, para controlar as poboacións de xabaris en determinadas zonas como os terrees das zonas de seguridade, nos terrees non cinexéticos, nos espazos naturais protexidos ou en determinadas explotacións agrarias .

No caso de solicitudes de autorizacións de esperas nocturnas existirá a posibilidade de utilización de fontes luminosas artificiais para iluminar os albos.
Presentación de solicitudes:
1.- Nos terreos en réxime cinexético especial as solicitudes serán formuladas pola sociedade de cazadores e deberán presentarse a partir da detección dos danos, de modo que se permita a súa comprobación polo
servizo provincial correspondente.
2.- Terreos en réxime de aproveitamento cinexético común: Neste caso as solicitudes serán formuladas pola persoa ou persoas prexudicada polos danos detectados, ou ben o concello, cando os danos sexan xeneralizados. Na solicitude de autorización indicarase o/os polígonos e alas parcelas afectados/as polo danos e a localización dos postes para as esperas na/s que se van a adoptar as medidas.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico especifico nin cun modelo electrónico normalizado (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=PR004A),dirixindo a dita solicitude ao organismo competente en función do contido da mesma.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurfdica e as persoas representantes das mesmas. Para persoas ffsicas poderá presentarse tanto de forma electrónica, do xeito indicado no parágrafo anterior, como en papel. As solicitudes dirixiranse ao servizo provincial de Conservación da Natureza correspondente.

Para a formulación de solicitudes de actuacións por danos, empregarase o modelo que están a disposición dos interesados na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no seguinte enderezo:https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=axexos_e_agardos.html&sub=procesos/

Por último, débese que ter en canta que o abandono das prácticas de silvicultura, agricolas e gandeiras nalgunhas zonas rurais teñen propiciado a creación de zonas de maleza co risco para a aparición de incendios forestais así como a pérdida do hábitat natural dalgunhas especies salvaxes como o xabaril.
Estas zonas de maleza incontroladas son idóneas tamén para a erra e o asentamento dos xabaris, donde encontran refuxio, moitas veces preto de zonas de produción agrícola e de zonas urbanas, o que leva as incursións deste animal cara aos cultivos agrícolas e a aparición dos mesmos en zonas urbanas na procura de alimento, coa conseguinte alarma social así como a posible repercusión na seguridade viaria coa posibilidade de que se produzan accidentes de circulación.
É preciso, polo tanto, e entendendo as dificultades de aplicar unha correcta xestión no ámbito agrario, ter en consideración a posibilidade do establecemento de medidas preventivas específicas dirixidas a xestionar da biomasa en zonas especialmente sensibles como é o caso das vfas de comunicación e no entorno nos núcleos urbanos.

É importante tamén destacar que no ámbito rural estas medidas preventivas de xestión da biomasa forestal redundaran no mantemento do hábitat natural desta especie o que repercutirá no asentamento da mesma no seu entorno natural e reducirá considerablemente a necesidade de colonizar zonas máis favorables para a obtención de alimento, coa conseguinte reducción dos danos que a mesma ocasiona, tanto nos cultivos agrfcolas como na seguridade viaria.
Así mesmo é preciso asumir que o xabaril é un animal silvestre e que, a pesar de que cada vez perde máis o medo por achegarse a núcleos urbanos e aos humanos, non é posible predicir as súas reaccións, polo que é recomendable informar á poboación da presenza dos mesmos, dos riscos sanitarios e de seguridade que implican e das medidas de precaución necesarias para reducir os perigos que xeneran, evitando facilitarlles alimento así como impedirlles o acceso a fontes de alimento evitando o abandono de bolsas con residuos alimenticios fóra dos colectores, vertedoiros e outros puntos de recollida de residuos.

É por isto que as administracións, as entidades ou as sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión, ou cedida esta en virtude dalgunha das formas previstas legalmente, das vías de comunicación existentes nas redes primarias de faixas de xestión de biomasa, da limpeza viaria e recollida e transporte de residuos, da seguridade en lugares públicos e da protección da salubridade pública, asuman a responsabilidad establecida na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, asf como as recollidas nas Leis 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia.