As e os maiores do exterior que participan en Reencontros con Galicia percorren a Ribeira Sacra

Data: 

martes, 17 Outubro, 2023 (Todo o día)
Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2023.

As e os participantes no programa Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración percorreron nas últimas horas a Ribeira Sacra e puideron coñecer a beleza deste entorno e do mosteiro de Santo Estevo.  No día de hoxe percorrerán Combarro, A Illa da Toxa e O Grove.

As e os participantes no programa Reencontros con Galicia, proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo  facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de máis de 65 anos coa Galicia actual e coas e cos seus familiares. Están aloxados na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e A Coruña foi o primeiro destino a percorrer durante estes dez días de estancia na comunidade autónoma.  A Secretaría Xeral da Emigración ten como un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, así como manter os vínculos coa terra.