[EC4RURAL] II Obradoiro en liña para definir os plans das comunidades enerxéticas

Data: 

xoves, 18 Xullo, 2024 (Todo o día)

O proxecto EC4RURAL promove o II obradoiro en liña para definir os plans das comunidades enerxéticas.

Obxectivo: Intercambio dos obxectivos específicos e do achegamento para a definición dos plans das comunidades enerxéticas nos pilotos de España e de Estonia coa idea de aprender uns de outros e implicar ás distintas partes interesadas para crear maior conciencia de cara ao proxecto EC4RURAL.

Terá lugar o xoves 18 de xullo de 2024 a través da plataforma ZOOM, de 10:00 - 11:30 horas en España (11:00 - 12:30 horas en Estonia)

 

PROGRAMA DO OBRADOIRO

• 10:00 - 10:10 h UVIGO
Benvida e contextualización do proxecto EC4RURAL
• 10.10 - 10.25 h Sapiens Energia
Novos obxectivos da Comunidade Enerxética nas Comunidades Enerxéticas Rurais en Galicia
• 10.25 - 10.40 h UTARTU
Novos obxectivos da Comunidade Enerxética nas Comunidades Enerxéticas Rurais en Estonia
• 10.40 - 10.50 h Alcaldía de Outes e Vedra
Exemplos da política enerxética local en Galicia:
Alcalde de Outes: Manuel González López
Alcalde de Vedra: Carlos Martínez Carrillo
• 10.50 - 11.20 h Sapiens Energia e UTARTU
Discusión aberta
• 11.20 - 11.30 h UVIGO
Peche da sesión

enlightenedenlightenedAccede aquí á sala de videoconferencias de ZOOM