Data:
EC4RURAL en conexión co territorio: sinerxías cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Sede da Fegamp. Rúa Varsovia 4C 6ª planta. Área Central. Santiago de Compostela (España)6 de febreiro de 2024 -10:30 a 13:30 horas.
O martes 6 de febreiro os GDR de Galicia danse cita na FEGAMP para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto; afondar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participacion rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas; coñecer iniciativas que se están a promover e desenvolver; e debater sobre as sinerxías que se poden xerar entre o labor dos GDR e EC4RURAL.
As persoas asistentes deben confirmar a súa asistencia cumprimentando o seguinte formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
PROGRAMA DA SESIÓN |
10:30 horas. Benvida institucional José Antonio Santiso, presidente da Asociación de GDR de Galicia Jorge Blanco, subdirector de promoción internacional e rural intelixente da AGADER Alberto Varela Paz, presidente da FEGAMP |
10:50 horas. Presentación do proxecto EC4RURAL
Xavier Simón, coordinador do proxecto. Universidade de Vigo |
11:05 horas. Enfoque metodolóxico e plan de traballo. Implicación dos GDR
|
11:35 horas. Mesa de experiencias
Eva González, xerente do GDR Limia Arnoia
Paco González, xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta
Noel Viñas, director xeral de UDESA |
12:20 horas. Preguntas e debate |
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa da sesión | 446.87 KB |