Data:

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe a primeira das xornadas formativas que, ao longo desta semana, se desenvolverán en Santiago de Compostela e nas que participa o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai, así como das oficinas colaboradoras de atención social de Cuba e Venezuela.
Ao longo destas xornadas traballarase sobre os programas destinados aos galegos e galegas do exterior dende a Secretaría Xeral da Emigración en 2024, así como se aportarán ferramentas e información sobre as políticas de retorno, de xeito que as delegacións e as oficinas colaboradoras se poidan converter no primeiro punto de atención ás e aos galegos que desexen retornar a Galicia.

Sede Electrónica